Poema: Mar e Ceo, Amor e Dor

Rima a miña poesía co teu corpo espido,
teño medo a perderme na túa calor.
Medo as promesas variadas, a dor, ao destino.

Borrando o texto que escribía para curar o corazón,
soportando outra noite sen inspiración.
Procurando outro mundo, non podo parar, camiño.

Demasiado estrano, demasiado insano convivir coa necesidade,
condeado por non saber nada do amor.
Amarrado, sen velas quixen navegar, naufragamos.
Demasiados barcos, demasiado mar…
Demasiado fráxiles os cascos
para soportar a forza das ondas ao romper co pasado.
Por non nadar afogamos.

O intento, pero hoxe non hai vento.
Contigo, nunca chega o tempo, tampouco o consenso.
Agora xa non te invento rimando versos,
agardo a que me invada o alcol.

Deixo pegadas que nunca levan dirección,
cada segundo que non estás solto as amarras do meu colchón.
Detrás de tanta paz hai un suicida, destrución.
Finximos que nada estaba mal, pero nos odiábamos sen compaixón.

Non volviches e a porta quedou sen pechar,
ruídos nas tellas ficando baixo as luces
de miles de estrelas apagadas.
Perdín o compás e xa non pensei,
fiquei calado no vértice dunha pena,
lume de inferno queimándome os pés.

Inverno a un quilómetro dos teus beizos,
auga asolagándome o corpo, incendio,
necesito apagar os meus desexos.
Teño tantos fracasos… sempre perdo.
Pecho os ollos pero sigo esperto.

Fuxín voando sobre os ríos antes de caer
na estrada, coma un barco sen velas,
amarrado a maxia dun ceo que cada solpor arde
antes de morrer na ría ao xuntar
o Sol e o mar nun perfecto baile.

Autor: meidingaliciacom

Cosas hechas en Galicia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s