Hai unha estrela que xa non arde,
nun ceo que non fai caso,
sopla o vento.
Espacio aberto, calor e Sol.
Mar en estado perfecto,
no cadro hai un barco varado.
Unha esquina sen bordes
e moitos defectos,
tempo perdido.
Durmindo na cama un par de estrelas,
oleaxe para un veleiro ferido.
Tocado e afundido.
Lembrando o conto da cigarra,
a pintura xa non maquilla,
non me pidas que conte as ondas,
demasiadas gaivotas para unha despedida.
Confundín a noite co día.
Teño medo,
gardo unha pena cravada no peito
ocultando os meus pecados.
Demasiadas dores
para que as leve o tempo,
mellor estar calado.
De súpeto pasou un ano.
Agora estou curado,
borrei as cicatrices con manzanilla.
Agora pasan as horas,
moitos beixos e caricias a escondidas,
miradas que xa non lastiman.
O que vive nun mundo escuro
tanto tempo,
só coñece a noite pechada
e non sabe nada de amar.
Que me corten as venas
que prefiro estar morto a ter que pagar as débedas.
Sabor a menta,
unha estrela suicida
pintada sen cor aguanta
antes de estourar
nun ceo nubrado.
Fun un home pegado a unha barra.
O ceo arde despois dun ano,
xa non estou contigo,
agora non necesito emborracharme.