Poema dos Naramorados

Penso que tódolos días deberían de ser dos Namorados, non soamente acordarnos da nosa parella porque nolo marca o calendario. O amor é un campo que hay coidar a diario para poder recoller os froitos.

Déixovos un poema para conmemorar este 14 de Febreiro. Espero que vos guste.

 

Dúas miradas cruzáronse na mesma beirarrúa,
á vez pecháronse
e pasaron rápidos os anos.

Corrías polas miñas veas,
deslizábasche pola miña pel
ansiosa de caricias,
ata facerme estremecer
co sixilo propio
dunha ladroa ao amencer.

E así te levaches o meu corazón,
case sen querer,
nun descoido provocado
polo que ten as mesmas ganas de amar
que a que camiña ao seu lado.

Voabas no meu espazo infinito,
eu contaba as estrelas
dun ceo de verán,
o noso planeta era unha cama
que orbitaba sen descanso;
había terremotos en mañás
que duraban ata o telexornal.

Pasaron anos,
apareceron tantas engurras
como bicos e pecados,
talvez esquecémonos da tolemia
para vivir menos afogados.

Mirámonos ao espello:
Agora estamos máis feos e menos delgados
será que de tanto que nos queremos
non nos fixamos no malo.

Autor: meidingaliciacom

Cosas hechas en Galicia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s