Poema a Rosalía

 

Escribías palabras ceibes,
Versos que explicaban as túas penas,
O silencio, a arte de cantar chorando antes de cada tormenta.
Compuñas as despedidas máis amargas
Das voces que se desangraban  na agonía dun adeus.

Tantas bágoas cravadas no corazón como cravos
Nun soño equivocado.
Estrelas xacendo nas dúas beiras asolagadas de pecados
Dos Pais que ocultaban as verdades escondendo
A vergoña baixo o hábito.

Versos profundos no xardín onde as rosas non deixaban de picar,
No teu peito mil palabras adicadas á xente que o pasaba mal.
Somos quenes aprenderon a chorar lendo a túa verdade,
Recitando pétalos amargos, gritando para non calar.
Benditas as mulleres que se liberan da cruz,
As que teñen como arma unha pluma que na escuridade desprende luz.

Por esa rabia que se enfronta á lúa
As estrelas nunca se apagarán,
Porque a maxia que hai nas túas palabras
A outros poetas sempre inspirará.

É verdade que contar tantas miserias
E escribir algúns libros cheos de choros
Puidese ser motivo suficiente para chamarche xoguete roto.
A verdade é moi propensa a contar mentiras
Que en diarios transfórmanse en segredos e teimas.

Nas beiras do Sar escribías cada día antes de durmir,
Facendo do chover unha arte que non sabía finxir.
Porque chorar sobre os mares
É como quedar espidos encerrados en botellas
Que son mundos perdidos en soños cheos de penas.

Rómpome a voz ao recitar e dóeme o peito
Ao desgarrarme coa túa dor en cada un dos versos
Que agora son dos dous, despois de chorar.

Por esa rabia que se enfronta á lúa
As estrelas nunca se apagarán,
Porque a maxia que hai nas túas palabras
A outros poetas sempre inspirará.

Autor: meidingaliciacom

Cosas hechas en Galicia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s